Peinador conectará desde este domingo Vigo con París

Air Nostrum operará con tres frecuencias semanais ata outubro

Un avión de Air Nostrum. EP
photo_camera Un avión de Air Nostrum. EP

O aeroporto de Peinador estará conectado a partir deste domingo con París con tres frecuencias semanais a través de Air Nostrum e que se estenderán ata o próximo mes de outubro. En total serán 186 voos e 18.600 prazas tal e como sinalou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, en rolda de prensa.

O rexedor mostrou a súa satisfacción por esta nova conexión internacional no aeroporto de Vigo e non descartou que o Concello volva retomar as conversacións con Ryanair se a compañía irlandesa volve ao "mundo civilizado" e deixa de lado as súas "pretensións disparatadas".

Mentres tanto, Caballero asegurou que están en contacto con compañías de baixo custo para recuperar os voos a Londres e Barcelona. 

Comentarios