As peaxes da AP-9 rebaixaranse no primeiro semestre de 2021

O Ministerio de Transportes asegura que deseña un sistema de bonificacións
Cabinas en un peaje de la AP-9. DAVID FREIRE
photo_camera Cabinas nunha peaxe da AP-9. DAVID FREIRE

O Ministerio de Transportes está a deseñar un sistema de bonificacións que "suporá unha rebaixa media de 100 euros ao mes" na AP-9 e que entrará en vigor no primeiro semestre de 2021, segundo publicou este mércores a Cadea Ser. 

Este sistema de bonificacións duraría ata 2048, ano no que finaliza a concesión a Audasa, segundo avanzou á radio o secretario xeral de infraestruturas do ministerio de Transportes, Sergio Vázquez. 

Vázquez sinala que é un sistema de rebaixas "ambicioso" e que desde o ministerio están a traballar "ás alancadas" para que entre en vigor canto antes.

Para o secretario xeral de Transportes, 2021 será un ano crave para a mobilidade en Galicia, pois ademais dos descontos na AP-9, neste ano porase en funcionamento a liña de alta velocidade entre Galicia e Madrid.

Comentarios