Un pato saca o seu instinto máis 'paternal' e adopta a dous gatiños en Moraña

"Pensei que os ía matar... pero todo o contrario", explica Carmen Ruibal
photo_camera Un pato con instinto 'paternal'. CEDIDO

As relacións entre animais son ás veces difíciles de entender. E máis entre os de distintas especies. Pero en ocasións déixannos imaxes moi belas. Este é o caso desta bonita historia de amor entre un pato e uns gatiños.

Carmen Ruibal, veciña de Amil, en Moraña, descubriu hai uns días que unha gata parira. Pero a súa sorpresa chegou cando un dos patos que ten –macho, concretamente– se achegou ao capacho con herba no que estaban os gatiños recentemente nados. "Pensei que os ía matar.... pero todo o contrario. Pasou toda a tarde con eles", explica Carmen.

O pato aniñando aos gatitos en Moraña. EPA relación de amizade pato-gatos mantense férrea por agora, noutra bonita historia que nos deixa o mundo animal.

Comentarios