¿Participaba nunha aposta o kamikaze de Aranga?

É unha das hipóteses que se baralla, sen que se descarte o suicidio, dado que fontes da investigación sinala a que atravesara por problemas familiares recentemente

A Garda Civil non descarta que o mozo kamikaze que provocou o mortal accidente do sábado en Aranga estivese a participar nunha aposta, segundo fontes da investigación. Ao parecer, C.C.R. asistía cuns amigos á Xuntanza Cabalar de Cambás cando decidiu abandonar a zona e dirixirse ao seu vehículo. Segundo relata El Ideal Galego, citando a un dos seus compañeiros, en ningún momento se falou na juntanza "dunha aposta ou algo parecido".

A pesar de todo, os investigadores non descartan a hipótese de que o mozo pretendese acabar coa súa vida xa que, segundo a súa contorna, atravesara por algúns problemas familiares.

Comentarios