Tres falecidos na Coruña elevan a doce as vítimas mortais en Galicia

Os pacientes eran unha muller de 68 anos e dous homes de 93 e 74
A muller permanece ingresada en estado grave no CHUAC. CABALAR (EFE)
photo_camera Parte da fachada do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). CABALAR (EFE)

A morte dunha muller de 68 anos e de dous homes de 93 e 74 que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) eleva a doce o número de persoas falecidas en Galicia con coronavirus.

As autoridades sanitarias informaron na mañá deste sábado destas novas defuncións, e sinalan que os tres pacientes tiñan patoloxías previas.

Estes casos coñécense tras un venres no que morreron outras catro persoas infectadas ingresadas en centros hospitalarios da comunidade, entre eles un home de 89 anos que estaba no Hospital de Monforte. Foi o primeiro falecido na provincia de Lugo.

Das doce persoas que morreron con coronavirus en Galicia, oito estaban hospitalizadas na Coruña (homes de 93, 79, 75, 74, 72, 70 e 45 anos), outra en Monforte, unha en Pontevedra -un ancián de 81 anos-, e outras dúas mulleres nonaxenarias en Vigo e Ourense.

O Servizo Galego de Saúde ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Comentarios