Os medios antiincedios da Xunta traballaron este sábado nas labores de extinción de catro incendios forestais que afectan á provincia de Ourense nesta primeira fin de semana de setembro marcada polo tempo seco e o vento. O que máis superficie leva arrasada é un lume activo no concello da Mezquita que entrou desde Portugal no mediodía.
Leva 60 hectáreas queimadas, segundo as primeiras estimacións da Consellería do Medio Rural.
A veces la suerte no acompaña!
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) September 5, 2020
Hoy sucedió en el #IFEsculqueiraAMezquita los medios teníamos prácticamente estabilizado el incendio pero una pequeña reproducción acompañada d un cambio d viento hizo q estuvieramos liados todo el día.
Nos despedimos con este video ¡buenas noches! pic.twitter.com/0ekzi0RTTg
Os outros tres incendios están estabilizados. Dous deles afectan a montes do municipio de Vilariño de Conso. Comezaron na noite do venres, con tres focos diferentes cada un, o que é un indicio da súa intencionalidade. Nun deles arderon xa case 45 hectáreas e no outro, preto de 17.
Mentras, en Chandrexa de Queixa continuaron os traballos para sofocar un lume que arrasou 40 hectáreas.