Outras dúas mortes elevan a 2.847 as vítimas da pandemia en Galicia

Perderon a vida unha muller de 77 anos no Chus e un home de 84 no Chup
Hospital Clínico Universitario de Santiago. AEP
photo_camera Hospital Clínico Universitario de Santiago. AEP

A Consellería de Sanidade notificou este domingo outros dous falecementos por covid-19 en Galicia, que elevan a 2.847 as mortes con coronavirus desde que comezou a pandemia. 

Un dos falecementos produciuse este sábado 15 de xaneiro e corresponde a unha muller de 77 anos ingresada no Chus. O outro se rexistrou este domingo e trátase dun home de 84 anos ingresado no Chup. 

Tal e como sinala a Consellería, todos presentaban patoloxías previas. 

Comentarios