A organización garante a continuidade do Marisquiño pero non aclara se en Vigo

Espera que a investigación xudicial depure "responsabilidades" e di cumprir todas as obrigacións legais e de seguridade"

Exhibición en O Marisquiño. SALVADOR SAS
photo_camera Exhibición no Marisquiño. SALVADOR SAS

A organización do Marisquiño informou este luns de que xa trasladou ao xulgado toda a documentación requirida, á vez que garante "a continuidade" do festival en próximos anos, aínda que non aclara en que lugar será. 

Nun comunicado, sostén que seguirá "colaborando coa xustiza coa transparencia debida", mentres espera que "a investigación xudicial poida aclarar as causas dos sucedido e se establezan as oportunas responsabilidades" tras o derrube no porto de Vigo. 

A este respecto, defende que o festival "cumpriu todas as obrigacións legais e de seguridade para desenvolver un evento destas características", á vez que pon en valor o traballo do operativo de seguridade privada no accidente, "encargado de activar e executar o plan de autoprotección". 

Neste sentido, O Marisquiño garante a continuidade do evento para "cumprir cos compromisos adquiridos coas federacións internacionais" para as probas puntuables que serven de plataforma de clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020, "así como co seu público e o deporte urbano". 

Así mesmo, mostrou a súa satisfacción por que só queden dúas persoas ingresadas polos accidentes, quen están "fóra de perigo" e espérase que "poidan abandonar o hospital nos próximos". 

Ademais, agradece os apoios recibidos e valora o traballo dos corpos de seguridade e a "actitude cívica" do público. O martes, 21 de agosto, a organización dará a coñecer un vídeo dedicado a todos os feridos, voluntarios e servizos de urxencias.
 

Comentarios