As oposicións de Educación comezarán o próximo 19 de xuño

Feijóo anuncia que se de duplica o número de tribunais para aumentar a seguridade
Foto de archivo de las oposiciones de Educación. ARCHIVO
photo_camera Unha proba das oposicións de Educación. ARQUIVO

O próximo 19 de xuño comezarán os exames da oferta pública de emprego no ámbito educativo, anunciou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. 

Tras a reunión semanal do Goberno galego, Núñez Feijóo sinalou que para aumentar os protocolos de seguridade, xa que se agardan entre "26.000 e 27.000 participantes" duplicouse o número de tribunais, que pasan dos 163 de 2019 a 359 en 2021. 

Ademais deste asunto, Núñez Feijóo anunciou "a suspensión temporal" da plantación de eucaliptos en Galicia, nunha aposta pola "diversificación" e para frear o impacto desta especie, así como para deter a caída "constante e continua" do prezo de metro cúbico da madeira procedente desta árbore.

Tamén na reunión deste xoves, o Consello autorizou a saída das residencias dos maiores que xa estean inmunizados, é dicir, dunhas 20.000 persoas que fai máis de dez días recibiron a segunda dose. 

Poderán saír, desde este fin de semana, un máximo de dúas horas na contorna dos centros onde residen e un máximo de dúas veces por semana.

Comentarios