O PPdeG non cambiará a súa actitude con Santos: "Non é unha interlocutora política válida"

Con todo, Pedro Puy mostrouse disposto a "respectar o traballo parlamentario" e a apoiar aquelas decisións da Cámara que poidan axudar a mellorar a vida dos cidadáns
Pedro Puy y Carmen Santos
photo_camera Pedro Puy y Carmen Santos

O portavoz do PPdeG no Parlamento de Galicia, Pedro Puy, reiterou este luns a súa denuncia dos métodos de facer política da deputada de En Marea Carmen Santos e non anunciou cambios no comportamento dos membros do seu grupo, que non a consideran unha "interlocutora política válida" e incluso chegaron a plantala no transcurso dunha sesión plenaria.


A polémica xorde despois dunha mensaxe nas redes sociais da propia Carmen Santos no que vinculaba directamente aos membros do PPdeG cos asasinatos machistas, un feito que derivou en distintos incidentes en sede parlamentaria.

Así pois, Puy expresou este luns que o seu partido "reseita claramente" esta forma de facer política que se caracteriza por inxuriar e descualificar aos opoñentes e afirmou que continuarán denunciando este proceder que -considerou- no PPdeG non se practica.

Con todo, o portavoz popular mostrouse disposto a "respectar o traballo parlamentario" e a apoiar aquelas decisións da Cámara que poidan axudar a mellorar a vida dos cidadáns, polo que o desenvolvemento da actividade no Lexislativo galego continuará -manifestou - con "absoluta normalidade". 

Comentarios