O mozo que gravou a agresión do Carballiño queda "en liberdade vixiada"

O agresor comparecerá cada quinde días ante o xuíz

O mozo de 16 anos acusado de gravar e distribuír en redes sociais a agresión a un home do Carballiño en Semana Santa quedou "en liberdade vixiada" baixo custodia do seu pai, confirmaron fontes da Garda Civil.

A agresión produciuse o pasado 31 de marzo no centro urbano do Carballiño, cando o mozo detido este mércores e outro de 18 anos atopáronse cun veciño da localidade, de 53 anos

Tras unha breve conversación, o mozo de 18 anos propinou unha puñada a este home, que tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e posteriormente derivado a Vigo por mor das lesións que sufría.

O presunto agresor, detido o pasado 25 de abril, está en liberdade e ten a obrigación de comparecer ante o xuíz cada quince días tras declarar a semana pasada en sede xudicial.

Tras varios días de investigacións, a Garda Civil da localidade ourensá identificou ao segundo implicado nestes feitos, o autor da gravación, cuxas imaxes posteriormente colgou en redes sociais.

Comentarios