O asasino de Valga, á súa ex en Facebook: "Deixa de ir de vítima que xa cansades"

Escribiu unha agresiva mensaxe no muro da súa exparella poucas horas antes de cometer o brutal crime
osé Luis Abet Lafuente, en un coche en el acceso al cuartel de la Guardia Civil. LUIS POLO
photo_camera José Luís Abet Lafuente, nun coche no acceso ao cuartel da Garda Civil. LUíS POLO

José Luís Abet Lafuente, empregando un perfil de Facebook co nome dun dos seus fillos, enviou unha mensaxe á súa exparella poucas horas antes de cometer o brutal crime. No texto que escribiu no muro de Sandra parece negar o perdón á vítima por algunha cuestión, para a continuación acusala, xunto á súa familia, de 'ir de vítima'.

Nos círculos próximos ao asasino e á súa excompañeira sentimental comentábase que, tras a separación, existían problemas entre ambos polo coidado dos dous pequenos, que este verán pasaron unha tempada co seu pai en Bertamiráns. Ao parecer, el queixábase de que non podía velos o suficiente.

"A min non me manchas máis o nome", escribiu na mesma mensaxe. Ademais, mantiñan discrepancias en relación coa propiedade dunha casa que construíran en Valga.

Achegados de ambos nas súas respectivas empresas de aluminio sinalan que eran persoas tranquilas e cumpridoras no traballo e que non se esperaban un desenlace como o que finalmente se produciu.

Comentarios