Núñez Feijóo prefire o libro de Alfonso Guerra ao de Pedro Sánchez

O presidente galego ironiza á conta da publicación e do autor: "Xa estivo en Moncloa, viaxou en Falcon e ten un libro: os seus obxectivos están colmados"

Alberto Núñez Feijóo. LAVANDEIRA JR (Efe)
photo_camera Alberto Núñez Feijóo. LAVANDEIRA JR (Efe)

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu que non leu o libro 'Manual de resistencia' do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, o que a levou a ironizar con que lle interesa máis" o publicado por Alfonso Guerra, titulado 'La España en la que creo: En defensa de la Constitución'. 

"O libro que pedín é o libro de Alfonso Guerra. Interésame moito máis e intentareino ler", afirmou este xoves Núñez Feijóo a preguntas dos xornalistas na rolda de prensa posterior á reunión do seu Executivo. 

"Pedro Sánchez xa foi presidente, xa estivo na Moncloa, viaxou no Falcon e agora ten un libro. Todos os seus obxectivos políticos están colmados", asegurou o mandatario popular, quen mostrou a súa confianza en que das eleccións xerais salga "un presidente que se preocupe por España".

Comentarios