Núñez Feijóo denuncia que o bipartito se esquece da crise no rural

El líder de los 'populares' gallegos compartió escenario con los ganaderos (AGN)
photo_camera El líder de los 'populares' gallegos compartió escenario con los ganaderos (AGN)

O candidato do Partido Popular á presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, denunciou este sábado que as medidas adoptadas polo bipartito contra a crise esquecen ao rural galego, ao non facer referencia ao sector lácteo e ao cárnico.

Durante clausúraa do acto sobre agricultura e gandería celebrado en Santiago polo PPDEG,  Núñez Feijóo, asegurou que é máis dificil vivir e chegar a fin de mes no rural que hai catro anos.

A ''despensa'' de Galicia
A posta en marcha de contratos programados, o apoio á industria da transformación, o fomento do espírito empresarial e os plans de formación a través da universidade son algunhas das medidas propostas por Feijóo para o desenvolvemento do medio rural.

Para o líder popular o sector primario é a "despensa" de Galicia e o sustento do seu ecomomía a pesar de que, como explicou, unhas 3.000 explotación tivesen que pechar no último ano e que tres de cada catro autónomos que perderon o seu emprego son gandeiros.

Medidas urxentes
No acto participaron ademais un gandeiro de Outeiro de Rei, Luís Varela, e o presidente dunha cooperativa láctea de Lalín, Manuel Fernández. Varela reclamou un paquete de medidas e unha inxección económica "urxentes" para compensar a subida dos custos de produción, que ascenderon entre un 30% e un 50% nos últimos tempos.

A dobre etiquetaxe na comercialización da carne, maiores axudas para a xente nova que traballa no campo e unha xubilación anticipada "digna" estiveron tamén entre as súas demandas.  Varela pechou o seu discurso cun exemplo claro en referencia aos problemas do sector: o prezo da carne é o mesmo desde fai 20 anos, asegurou.

Baixada de prezos
Pola súa banda, Manuel Fernández denunciou a "constante" baixada no prezo do leite, despois de que a Consellería de Medio Rural anunciase para este ano prezos "un 10% superiores" aos de 2007.

En relación cos contratos homologados, o presidente da cooperativa lalinense asegura que marcan uns prezos "miserables" e "sen ningún valor", polo que socilitó ao Ministerio a repartición gratuíto da cota para unha comunidade que "ten ou 40%" da produción láctea española.

Comentarios