Feijóo di que ''a prioridade en Santiago é evitar a situación de Lugo e Ourense''

O presidente a Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que en Santiago "urge abrir unha nova etapa" porque así o merecen os cidadáns e as institucións.

Tralo Consello da Xunta, Núñez Feijóo, que pasou a última semana en Xapón de viaxe institucional, opinou sobre a condena de sete edís desta corporación e a renuncia doutros dous, o que deixa o goberno municipal con 4 de 13 concelleiros.

Nesta tesitura, preguntado por si o alcalde Angel Currás, debe dimitir, dado que está imputado en dúas causas xudiciais, sinalou que esa é unha decisión que lle corresponde tomar a el, e volveu a facer analoxías con cidades como Lugo e Ourense, nas que os alcaldes, socialistas neste caso, tamén están imputados e non dimiten.

Dixo que a ninguén lle agrada o ocorrido en Santiago e a el "en absoluto" e sinalou que agora, nesta nova etapa, hai que garantir a gobernabilidade do municipio, que conte con orzamentos e cunha maioría que apoie o goberno.

O alcalde anunciou onte que prevé pechar a incorporación dos edís sustitutos aos nove que renunciaron na última semana, dos que varios serán persoas que non ían na lista do PP nas eleccións de maio de 2011.

Na súa opinión, o plan para Santiago está claro, é que os condenados tiñan que dimitir, aínda que recorrerán a sentenza, e hai que garantir a gobernabilidade, algo que na súa opinión vaise a conseguir e que non sucede, insistiu, en lugares como Lugo e Ourense, sen maiorías estables.

Sobre Currás incidiu en que debe ser el quen tome "a decisión oportuna segundo o seu criterio", xa que "si entende que non cometeu irregularidades correspóndelle a el valoralo".

En calquera caso, dixo que hai alcaldes, como en Lugo e en Ourense, con alcaldes imputados, con membros das súas corporacións imputados e que levan "anos proclamando a súa inocencia e decidindo continuar".

Comentarios