Nova fin de semana de alerta na costa galega

O litoral da Coruña e Pontevedra seguirá este sábado en alerta laranxa por ondas de cinco e seis metros de altura e A Mariña en amarelo por ondas de entre catro e cinco metros.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico para este sábado publicado por Meteogalicia e recollido por informacións da web da axencia Europa Press, a inestabilidade continuará sobre Galicia e o mar de fondo estará aínda na primeira metade da xornada por encima dos cinco metros no litoral.

En concreto, ata as 12.00 horas deste sábado o nivel de aviso será laranxa no litoral da Coruña e Pontevedra e o resto da xornada pasará a amarelo por ondas de 4 a 5 metros de altura.

Na Mariña luguesa o aviso será amarelo ata as 12.00 horas por ondas de entre catro e cinco metros de altura.

Comentarios