Novos 'concellos emprendedores' para facer máis fácil o investimento empresarial 

Súmanse As Pontes, Ponteceso, Ponteareas e Ribadumia
Casa Consistorial de Ponteareas. CARLOS FERNÁNDEZ
photo_camera Casa Consistorial de Ponteareas. CARLOS FERNÁNDEZ

Galicia conta con 136 dos chamados concellos emprendedores despois de que nos últimos días sumáronse os concellos das Pontes e Ponteceso (A Coruña), Ponteareas (Pontevedra) e Ribadumia (Ourense). Trátase dunha declaración promovida pola Xunta para levantar as barreiras ao investimento empresarial e facilitar trámites administrativos. 

En concreto, segundo informa o Goberno galego, a provincia de Ourense conta xa con 61 concellos emprendedores, A Coruña ten 35, Pontevedra 22 e Lugo 18. 

Tal e como explica a Xunta, esta distinción supón "apoiar a actividade industrial" en Galicia "con máis axilidade administrativa e bonificacións fiscais". Isto radica nunha "aposta" polo "crecemento económico e pola dinamización do tecido produtivo" da Comunidade. 

Para ser concello emprendedor, as administracións locais, tras aprobar nos seus respectivos plenos as modificacións das ordenanzas correspondentes, deben adherirse ao convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). 

De feito, o Goberno autonómico dá prioridade a estes municipios en liñas de axudas destinadas a impulsar a fábrica intelixente, o emprego de calidade e o emprendemento baseado na innovación e no talento. Pola súa banda, os concellos emprendedores comprométense a ofrecer incentivos fiscais, facilidades para acceder ao chan empresarial e unha simplificación na tramitación administrativa. 

Comentarios