Nós Candidatura Galega pide o final "da dereita, nin da vella nin da nova"

Carlos Callón, candidato ao Congreso pola Coruña, pediu en Betanzos o voto a quen "sente Galicia" para darlle o mesmo lugar que xa teñen Euskadi e Cataluña
Carlos Callón, presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística (Foto: MNL)
photo_camera Carlos Callón, presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística (Foto: MNL)

A cabeza de lista de Nós ao Congreso, Carlos Callón, reclamou este domingo a mobilización de toda a cidadanía que "sente Galicia" e dixo que "basta de gobernos da dereita, nin da vella, nin da nova".

Nun mitin electoral en Betanzos, o candidato número un ao Congreso pola Coruña, Carlos Callón, dirixiuse, para pedir o voto, a todos aqueles que sentan Galicia, aos que lles doe este país, e desexen que "os nosos problemas teñan voz propia no Congreso tras o 20-D".

Esta voz só é posible cunha opción como a que representa Nós, herdeira do traballo de vinte anos do BNG en Madrid, "cos pés e o corazón na terra, non das forzas estatais, nin as do vello bipartidismo, nin as do novo bipartidismo a catro que nos impoñen desde os estudio de televisión".

"Hai partido e imos xogalo ata o minuto de desconto con forza e con entusiasmo porque Galicia ten que estar, igual que Euskadi e Cataluña, e as enquisas están para ser superadas, como fixemos outras veces desde o Goberno galego", concluíu. 

Comentarios