Unha nonaxenaria pasa tres días no chan tras unha caída na súa casa en Vigo

Rúa López Mora de Vigo. GOOGLEMAPS
photo_camera Rúa López Mora de Vigo. GOOGLEMAPS

Os Bombeiros de Vigo, en colaboración coa Policía Local, auxiliaron este luns unha muller de 90 anos que pasou tres días tirada no chan tras sufrir unha caída na súa casa coa única compañía do seu can. Unha patrulla desprazouse ao domicilio da anciá, na rúa López Mora, tras recibir unha chamada do 112 ao escoitarse berros de auxilio.

Un veciño manifestou aos axentes que na vivenda se atopaba unha muller de avanzada idade e que posiblemente caera, polo que foi requirida a presenza dos bombeiros. Estes puideron acceder á vivenda a través do balcón doutro domicilio e no interior atoparon a muller tendida no chan da cociña, quen lles manifestou que levaba así tres días. Tras asistila, os servizos sanitarios trasladárona en ambulancia ao hospital Álvaro Cunqueiro e ao seu can, á protectora de animais.

A Policía Local de Vigo tamén asistiu nas últimas horas a dúas persoas de avanzada idade que se atopaban perdidas e desorientadas na vía pública. En ambos os casos, os axentes contactaron cos seus familiares, que se fixeron cargo dos mesmos. 

Comentarios