Unha nena de dez anos, ferida con prognóstico reservado tras ser atropelada en Bergondo

A menor foi alcanzada por un turismo cando cruzaba a estrada tras baixarse do autobús do colexio
Imagen de un guardia civil durante un control de tráfico. ARCHIVO
photo_camera Guardia Civil de Tráfico. ARCHIVO

Unha nena de dez anos resultou atropelada este martes tras baixarse do autobús do colexio, segundo informa o consistorio. Os feitos producíronse ao redor das 15.29 horas, en Fiobre, na AC-164, xunto á parada existente na contorna do parque infantil. 

De acordo coa información facilitada, a menor cruzou a estrada, sendo arroiada por un turismo que circulaba en dirección Bergondo.  Ata o lugar desprazouse a Policía Local, Protección Civil, a Garda Civil de Tráfico e dúas ambulancias do 061, unha delas a Uvi móbil.

A pequena foi trasladada con prognóstico reservado ao Hospital Teresa Herrera da Coruña.