A nena de nove anos ingresada con covid en Vigo evoluciona favorablemente

A menor atópase na Uci do hospital vigués
La menor ha sido trasladada al Álvaro Cunqueiro. ADP
photo_camera Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo. ARQUIVO

A nena de nove anos con covid-19 que permanece ingresada na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo unha evolución favorable. 

Fontes do Sergas confirmaron a Europa Press que unha menor de nove anos con coronavirus atópase ingresada na unidade de críticos do centro hospitalario vigués, pero "evoluciona moi ben". 

As mesmas fontes precisaron que non se trata dun caso singular, xa que houbo máis nenos de idades similares que foron trasladados á Uci de hospitais doutras áreas sanitarias da comunidade tras haberse contaxiado. 

Segundo o balance actualizado este domingo pola Consellería de Sanidade, os hospitais galegos contan con 382 persoas ingresadas coronavirus das que 80 permanecen en coidados intensivos. 

Comentarios