NCG Banco devolverá 12.000 euros en preferentes a un empresario coruñés

O xulgado de primeira instancia número 5 da Coruña admitiu a demanda interposta por un pequeno empresario coruñés ao que se lle comercializaron no mercado secundario preferentes de Caixanova en agosto de 2011.

Este xulgado emitiu hoxe unha sentenza na que estima a demanda de nulidade da venda de preferentes e anula o contrato de adquisición na contía de 20.040 euros.

Tendo en conta que o demandante percibiu o 19 de xullo 7.944,28 euros grazas ao mecanismo de liquidez ofertado polo Fondo de Garantía de Depósitos (FGD) no marco da reestruturación dos produtos híbridos de NCG Banco, a condena xudicial céntrase nos 12.095,72 euros restantes.

A sentenza considera probado que o demandante era cliente comerciante polo miúdo cun perfil conservador e aforrador e a pesar diso vendéuselle un produto de alto risco.

Comentarios