"Non estás morto, non matáronche, non, pero enterráronche en vida". Estas son algunhas das duras palabras dunha nai cuxo fillo sufriu unha malleira o ano pasado en Nigrán.
Nacho Martíns foi vítima dunha agresión por parte de seis mozos por mor da cal estivo próximo á morte. Cando está preto de cumprirse un ano da malleira, o mozo aínda presenta graves secuelas.
O recente crime de Samuel -aínda que como aclara a proxenitora son dúas agresións de distinta índole- reavivou este caso, polo que a nai aínda vese forzada a pedir xustiza.
En declaracións á TVG, ha asegura que "todo foi tras defender a un amigo, intentou fuxir, pero o colleron no monte e déronlle unha brutal malleira". "Nacho estaba encerrado no seu cuarto, pero a raíz do caso Samuel animouse a denunciar que tamén recibiu unha brutal malleira, que o estaba vivo e que quería contalo".
Agora, a través dun comunicado en redes sociais, a nai do mozo avisa dunha concentración en Nigrán o 16 de agosto ás 21.00 horas. O motivo non é outro que pedir "xustiza", ao ver que "non chega e no camiño ves como os teus agresores gozan da vida sen prexuízos nin remorsos".