Multados seis negacionistas que se manifestaban en Vigo

Os axentes tamén detectaron a concentración de 70 persoas nunha cafetería

 A Policía Local de Vigo propuxo para sanción este fin de semana a sseis negacionistas que se estaban manifestando na céntrica rúa Príncipe, informaron fontes oficiais.

Noutra intervención, axentes da Policía Local detectaron a concentración de 70 persoas nunha cafetería da estrada do Portal cun aforamento reducido a 50.

Entre o venres e o domingo pasados, foron denunciadas en Vigo 52 persoas, tres por fumar na vía pública, 23 por non levar máscara, outras tantas por reunións, e tres establecementos públicos.

A xornada de maior incidencia de infraccións foi a do sábado, con 37. E