A morte de dúas mulleres eleva o total de vítimas na pandemia en Galicia ata as 2.648

Ambas contaban con patoloxías previas
Hospital Álvaro Cunqueiro. ARCHIVO
photo_camera Hospital Álvaro Cunqueiro. ARCHIVO

A Consellería de Sanidade notificou este luns dous novos falecementos por covid. De tal forma, o total de vítimas na pandemia en Galicia elévase ata as 2.648.

Unha das mortes produciuse o pasado sábado, 16 de outubro. Trátase dunha muller de 85 anos da residencia Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo, falecida no Chuvi.

O outro óbito tivo lugar o pasado domingo, 17 de outubro. A falecida é unha muller de 90 anos, cuxa defunción tamén ocorreu no Chuvi. Ambas contaban con patoloxías previas.