Morren dúas persoas nunha colisión en Sarria

Lugar en el que se produjo el accidente (Foto: PORTO)
photo_camera Lugar en el que se produjo el accidente (Foto: PORTO)

Dúas persoas faleceron e unha resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado a primeiras horas da mañá deste domingo en Sarria.

O accidente produciuse ao chocar dous turismos no corredor de Sarria. O forte impacto provocou que un dos falecidos e a persoa que resultou ferida quedasen atrapados no interior dos vehículos implicados no accidente.

Dúas persoas faleceron no lugar do accidente, unha muller, E.P.C., de 34 anos, e un home de 35, M.G.C., que viaxaba no mesmo coche. Un segundo home, J.H.Y., de 49 anos, que ía no outro coche, foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

A central de coordinación do 061 Urxencias Sanitarias recibiu a alerta ás 06:01 horas da mañá e desprazou ao lugar a dúas ambulancias asistenciais e unha medicalizada, así como persoal sanitario da PAC de Sarria.

Comentarios