jueves. 09.12.2021 |
El tiempo
jueves. 09.12.2021
El tiempo

Morre un veciño de Brión tras prenderse lume no coche coa muller dentro

Domicilio de la pareja
Domicilio de la pareja
A súa parella, coa que estaba en trámites de separación, logrou fuxir do vehículo e pedir auxilio

Un home duns 35 anos de idade e veciño do municipo coruñés de Brión, próximo a Santiago, faleceu na medianoite do sábado no hospital Clínico, ao que fora trasladado en helicóptero ante as graves feridas sufridas ao prenderse lume.

Os feitos, que aínda non están plenamente esclarecidos, ocorreron na tarde do pasado sábado. Segundo algúns testemuños, o agora falecido agrediu á súa esposa e meteuse con ela no coche, onde se prendeu lume. A muller, coa que ten dous fillos de corta idade e coa que estaba en trámites de separación, logrou escapar e pedir auxlio. Tamén sofre queimaduras das que tivo que ser atendida.

A Garda Civil rexistrou a casa do matrimonio, no lugar de Cabreiros (Brión), onde ocorreron os feitos.

Morre un veciño de Brión tras prenderse lume no coche coa muller...
comentarios