Morre un condutor en Sandiás ao chocar o seu turismo contra un camión

Un home de 35 anos faleceu ao chocar frontalmente un turismo e un camión na N-525 na localidade ourensá de Sandiás, cando o coche facía un adiantamento.

Segundo informou a Garda Civil de Ourense, o accidente tivo lugar no quilómetro 206 da estrada N-525, na parroquia de Piñeira de Arcos, no citado municipio.

Comentarios