A morte de dúas mulleres con covid eleva as vítimas da pandemia en Galicia a 2.375

Os dous decesos rexistráronse este luns
El Chuac de A Coruña. EFE
photo_camera O Chuac da Coruña. EFE

Sanidade notificou este luns o falecemento de dúas persoas diagnosticadas con coronavirus en Galicia. Con estas mortes, a cifra das vítimas da pandemia en Galicia ascende a  2.375.

Os dous decesos rexistráronse este luns: unha muller de 63 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e unha paciente de Povisa de 88 anos.

As dúas falecidas tiñan patoloxías previas, segundo indica o Sergas.

Comentarios