A morte dunha muller eleva a 2.461 os falecidos con covid en Galicia

RAFA HOSPITAL DE O SALNES
photo_camera Exterior do Hospital do Salnés. RAFA FARIÑA

A Consellería de Sanidade notificou este sábado o falecemento dunha muller hospitalizada con covid, co que as mortes rexistradas en Galicia desde o inicio da pandemia elévanse a 2.461

A última falecida é unha muller de 92 anos que estaba ingresada no Hospital do Salnés e que presentaba patoloxías previas. 

O seu caso coñécese despois de que o venres Sanidade comunicase tres mortes.

Os datos sobre a evolución pandemia actualizados este sábado polo Sergas reflicten que os hospitais públicos de Galicia teñen 40 persoas ingresadas en unidades de coidados intensivos, catro máis que no anterior reconto, e 221 en planta, 45 menos que o día anterior, o que suma 261 pacientes.

Comentarios