Morren once persoas con coronavirus nun martes tráxico en Galicia

É a maior cifra de falecidos nunha mesma xornada desde o pasado 26 de abril, cando o Sergas informou de 15 defuncións
 
Personal de ambulancias en la entrada de Urxencias de Montecelo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Persoal de ambulancias na entrada de Urxencias de Montecelo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

As autoridades sanitarias notificaron este martes a morte de 11 persoas con coronavirus en Galicia, o que supón a maior cifra de falecidos nunha mesma xornada en máis de cinco meses, desde o pasado 26 de abril, cando Sanidade informou de 15 defuncións. Tras esta xornada tráxica, a comunidade achégase aos 800 óbitos ao contabilizar un total de 797 vidas segadas desde o principio da pandemia. 

En concreto, o Sergas informou na tarde deste martes da morte de sete pacientes con idades comprendidas entre os 62 e os 96 anos, que se suman aos catro decesos de persoas relacionadas con residencias de maiores da provincia de Ourense das que a Xunta informara xa pola mañá. Ningún dos homes falecidos este martes pereceu na provincia de Lugo.

O máis novo, de 62 anos, atopábase ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (Chup). Ademais, feneceron dous homes de 76 e 88 anos que se atopaban ingresados no hospital de Verín e outro home de 82 que estaba a ser atendido no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Tamén dous homes de 70 e 96, respectivamente, ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Asímismo, un home de 89 anos morreu na residencia Val de Monterrei, que se atopa intervida. Todos presentaban patoloxías previas.

O home de 76 anos falecido en Verín procedía do xeriátrico Val de Monterrei e o de 96 do CHUO da residencia Os Gozos, de Pereiro de Aguiar, tamén intervida pola Xunta. 

Comentarios