miércoles. 25.05.2022 |
El tiempo
miércoles. 25.05.2022
El tiempo

Morren dous homes con covid en Galicia, un deles de 55 anos

Complejo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). EP
Complejo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). EP
As vítimas da pandemia na comunidade ascenden a 2.858

A morte de dous homes, un deles de 55 anos de idade, elevou as vítimas da pandemia en Galicia a un total de 2.858.

Segundo informou este martes a Consellería de Sanidade, estes dous falecementos tiveron lugar na xornada do luns e ambos presentaban patoloxías previas.

En concreto, trátase dun home de 55 anos de idade que permanecía ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Chuo) e doutro de 85 que recibía asistencia no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Morren dous homes con covid en Galicia, un deles de 55 anos