Morren con coronavirus dous usuarios da residencia DomusVi de Monforte

Trátase dun home de 73 anos e outro de 77
Entrada del Hospital de Monforte. GSV
photo_camera Entrada del Hospital de Monforte. GSV

O Sergas notificou este luns el falecemento de dúas persoas con coronavirus no hospital de Monforte, un home de 73 anos e outro de 77. Ambos procedían da residencia DomusVi e tiñan patoloxías previas. 

Estas dúas mortes elevan ata as 259 as vítimas da pandemia na provincia de Lugo, aínda que a Xunta só contabiliza 251 porque non ten en conta a algúns lucenses que faleceron noutras áreas sanitarias. 

GALICIA. En total foron cinco os falecementos comunicados por Sanidade este luns. á marxe das dúas vítimas monfortinas (que perderon a vida este domingo), morreron un home de 73 anos no Chus (o pasado sábado), un home de 90 anos no Chuac (o domingo) e un home de 84 anos, que morreu este luns no Chuo. 

Comentarios