Morre un viticultor de 82 anos esmagado por un tractor en Pazos de Arenteiro

O accideente ocorreu en Pazos de Arenteiro. EP
photo_camera O accidente ocorreu en Pazos de Arenteiro. CRTVG

Un octoxenario faleceu este xoves tras sufrir un accidente de tráfico, consistente nunha colisión contra un inmoble e posterior envorco co seu vehículo no municipio ourensán de Boborás. 

Fontes oficiais confirmaron que o suceso se produciu ás 13.25 horas nunha vía situada en Pazos de Arenteiro. 

Ata o lugar desprazouse a Garda Civil de Ourense, que abriu unha investigación para esclarecer as causas do sinistro. Tamén acudiron dúas dotacións de bombeiros.

O condutor, de 82 anos, chocou contra unha parede dun inmoble e o tractor posteriormente envorcou, esmagándoo.