O bispo emérito da Diocese de Astorga, Camilo Lorenzo
A capela ardente quedará instalada no Seminario de Astorga e estará aberta desde o martes 14 de xullo ás 10.30 coas condicións de aforamento establecidas.
O funeral e posterior enterro, que se desenvolverá na Capela da Maxestade da catedral, terá lugar o mércores ás 12.00 e o acceso ao templo será libre ata completar aforamento.
Camilo Lorenzo Iglesias naceu na Canda, no municipio ourensán de Piñor, e foi no Seminario Maior ourensán onde comezou os seus estudos eclesiásticos, ata que foi ordenado sacerdote en 1966, cando comezou a estudar a carreira de Químicas, da que se licenciou na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
No mesmo ano que terminou que a carreira, en 1972, comezou a traballar como profesor no Seminario Menor de Ourense ata o ano 1995, e tamén en 1972, como sacerdote, foi Vicario parroquial da Parroquia da nosa Señora de Fátima de Ourense ata 1983 que foi o Reitor do Seminario Menor de Ourense. En 1992 pasou a ser o Reitor no Seminario Maior da cidade, e tamén foi membro do Colexio de Consultores da diocese de Ourense.
En xuño de 1995 o Papa nomeouno bispo de Astorga, en León, e foi en novembro de 2015 cando se aceptou a súa renuncia por motivos de idade.