Morre un operario atropelado por un tractor en Tui

O home foi alcanzado pola máquina agrícola mentres traballaba na obra dunha gasolinera
Un axente da Garda Civil. EP
photo_camera Un axente da Garda Civil. EP

Un operario faleceu na tarde do martes tras ser alcanzado por unha máquina agrícola mentres traballaba na obra dunha gasolineira no Polígono Industrial de Tui.

Segundo a información facilitada aos xestores do 112 Galicia por unha persoa particular ao fío das cinco horas da tarde, o obreiro foi atropelado por un chimpín e necesitaba asistencia médica urxente.

Con estes datos, desde o 112 solicitouse a intervención do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou ata o lugar unha ambulancia para atender o ferido. Desafortunadamente, unha vez no punto, os equipos de intervención nada puideron facer por salvarlle a vida.

No operativo tamén colaboraron os axentes da Garda Civil, da Policía Local e os membros de Protección Civil da localidade.

Comentarios