Morre en Nigrán unha marsopa de poucos meses por unha captura accidental de pesca

Trátase dunha especie en perigo de extinción
Marsopa hallada muerta en Nigrán. CEMMA
photo_camera Marsopa hallada muerta en Nigrán. CEMMA

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) informou de que unha marsopa de poucos meses foi atopada morta en Nigrán.

A marsopa, en perigo de extinción en España, foi achada na tarde do pasado mércores nunha praia de Nigrán. Cemma explica que a súa morte se produciu por unha captura accidental de pesca. 

Segundo datos desta ONG galega dedicada ao estudo dos mamíferos mariños, a taxa de mortalidade por capturas accidentais aumentaron do 30% nos anos 90 ao 50% na última década. 

A Rede de Varamentos de Galicia conta co apoio da Fundación Biodiversidade, a través do proxecto Revargal, e da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, a través do convenio subscrito con Cemma. 

comentarios