Unha muller de 74 anos de idade faleceu este luns pola mañá logo de sufrir unha indisposición mentres circulaba co seu vehículo na cidade de Ourense, segundo indicaron fontes policiais.
Segundo puido saber Efe, ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios cunha ambulancia medicalizada e estiveron varios minutos intentando reanimala. Finalmente, só puideron certificar a súa morte.
O suceso tivo lugar ao fío das 11.30 horas da mañá, á altura da rúa Mestre Vide, fronte á Comisaría da Policía Nacional, e efectivos policiais procederon a acordoar a zona.