Morre un home en Ribeira tras sufrir un accidente de tractor

A vítima faleceu esmagada polo vehículo que manexaba 
Un tractor. AEP
photo_camera Un tractor. AEP

Un home faleceu na tarde deste martes no municipio coruñés da Ribeira o resultar esmagado polo tractor que manexaba nunha leira do lugar de Salmón. 

O sinistro produciuse ás 13.50 horas deste martes no lugar pertencente á parroquia de Oleiros, segundo trasladou o Centro Integral de Atención ás Emerxencias 112 Galicia. 

Tras recibir a voz de alarma a través dunha chamada telefónica, o 112 activou un dispositivo que implicou a mobilización do helicóptero de Urxencias Sanitarias 061, desprazado ata o lugar pero que non puido facer nada pola vida do falecido. 

A vítima quedou atrapada baixo o vehículo agrícola e foi necesaria a intervención dos veciños para poder liberalo, polo que non foi necesaria a intervención dos bombeiros de Boiro.