Morre un home en Padrenda ao cravarse na cabeza unha peza de ferro mentres rozaba

A maquina que estaba manipulanda enganchouse e un fragmento desprendido causoulle unha ferida mortal
La mujer tuvo que ser trasladada en helicóptero. TWITTER
photo_camera Un helicóptero medicalizado do 061. ARQUIVO

Un home morreu na mañá deste sábado no municipio ourensán de Padrenda tras cravarse na cabeza unha peza de ferro que saíu disparada da máquina coa que rozaba unha zona de monte.

Segundo informa o 112 Galicia, a máquina enganchouse e un fragmento desprendido causoulle unha ferida mortal. Foi un compañeiro do falecido quen deu a voz de alarma á central de urxencias pasados uns minutos das 10,10 horas.

Seguidamente, o 112 solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias-061, que mobilizou ata o lugar dos feitos, na zona de Lavandeira, un helicóptero medicalizado. Con todo, a pesar dos esforzos dos servizos médicos, non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Para prestar apoio ao equipo sanitario desprazado na aeronave, os xestores de urxencias tamén puxeron a situación en coñecemento do GES de Ribadavia e dos axentes da Garda Civil.