Morre un home nun choque contra unha columna en Santiago tras sufrir unha indisposición

Foron avisados, entre outros, 061, Policía Local, Bombeiros de Santiago e Protección Civil
Oficinas del 112. EP
photo_camera Oficinas do 112 en Santiago. AEP

Un home faleceu nun accidente de tráfico en Santiago ao sufrir unha posible indisposición mentres circulaba nun automóbil que chocou contra unha columna na Rúa de Monte dos Postes.

Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 17.30 horas. Foron os axentes da Garda Civil de Tráfico os que alertaron do sinistro.

Foron avisados, entre outros, 061, Policía Local, Bombeiros de Santiago e Protección Civil. Xa no lugar do accidente, os servizos sanitarios, a pesar dos esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida ao condutor e único ocupante do coche accidentado.