Morre un home que caeu dunha bicicleta en Sarreaus

Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do ciclista

Un home que este domingo caeu da bicicleta na que circulaba, na estrada que une Xinzo e Vilar de Barrio, no municipio ourensán de Sarreaus, faleceu, segundo informou o 112, despois de que os servizos sanitarios só puidesen confirmar a morte.

Os xestores do 112 Galicia, nada máis ter coñecemento da situación, sobre as 17:45 horas da tarde pasada, requiriron a intervención do persoal sanitario que, debido á gravidade dos feitos, optaron por mobilizar ao momento o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Do mesmo xeito, solicitaron a colaboración dos axentes de Tráfico, dos membros do GES de Laza e de Protección Civil da localidade.