Morre un home de 47 anos nun accidente en Carballo

O sinistro produciuse no punto quilométrico 2 da estrada DP-1914 á altura do lugar de strong <>Vivente
Una ambulancia del 061. AEP
photo_camera Una ambulancia del 061. AEP

Un home de 47 anos faleceu nun accidente de circulación rexistrado na noite do domingo no municipio coruñés de Carballo.

O sinistro produciuse no punto quilométrico 2 da estrada DP-1914 á altura do lugar de Vivente, onde o vehículo no que viaxaba impactou contra dous postes de telefonía e unha vivenda, segundo informaron fontes dos servizos de urxencia.

O falecido resultou atrapado no interior do coche, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros de Carballo para acceder á vítima.Unha vez liberado, os servizos sanitario unicamente puideron certificar a morte do condutor.

Comentarios