Morre aos 52 anos Carlota Pérez, líder da plataforma antidesahucios de Vigo-Tui

Carlota Pérez. @PAHVIGOTUI
photo_camera Carlota Pérez. TWITTER

Carlota Pérez, líder da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) Vigo-Tui, faleceu este mércores aos 52 anos, segundo confirmaron a Efe fontes da súa contorna.

Pérez foi, a raíz do 15-M, a cara visible na comarca de Vigo deste movemento centrado na loita contra os desafiuzamentos e na procura dunha solución habitacional para centos de afectados.

As primeiras reaccións á súa morte, provocada por unha grave enfermidade que se lle diagnosticou recentemente, chegaron do seu colectivo e doutras plataformas de España, que destacan a súa capacidade negociadora, e tamén do ámbito da política.

Desde Marea de Vigo aseguran que lles "faltan as palabras" para despedir unha "muller imprescindible na loita común por unha vivenda e por unha vida digna".

O concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, declárase "consternado por esta tristísima noticia", pois Carlota Pérez exerceu "un intenso activismo en favor do dereito á vivenda, cunha xenerosidade descomunal e sempre disposta a brindar axuda a quen o necesitase". 

comentarios