A extensión de monte queimado reduciuse un 88% nas zonas vixiladas por Defensa

A operación Sentinela Galego finaliza tras dous meses de colaboración entre as Forzas Armadas e as autoridades galegas

Actuación en el incendio de O Invernadoiro. TWITTER (@BrifLaza)
photo_camera Actuación no incendio do Invernadoiro. TWITTER (\<sent\>BrifLaza)

A extensión de monte afectado polo lume en Galicia, nas zonas vixiladas polo Ministerio de Defensa, reduciuse un 88% con respecto a 2017 xa que só hai 124 hectáreas de monte queimado fronte ás 1.026 de 2017, segundo datos facilitados pola Consellería de Medio Rural.

A operación Sentinela Galego finalizou tras dous meses de colaboración das Forzas Armadas coas autoridades galegas na loita contra incendios forestais.

Os membros da Forzas Armadas patrullaron durante esta operación 450.000 quilómetros e realizaron máis de medio centenar de voos con sistemas de avión non tripulado. Este ano contaron coa participación de máis de 500 militares e cubriron parte de tres das catro provincias galegas.

Os efectivos despregados mantiveron un contacto permanente cos distintos organismos implicados na loita contra incendios, tras máis de medio centenar de avisos sobre incendios, conatos, queimas de restrollo e presenza de persoas sospeitosas e de material incendiario que foron facilitados ás autoridades galegas responsables. Os militares despregados tamén compaxinaron o seu labor de vixilancia e disuasión coa colaboración en apoio aos Corpos e Forzas de Seguridade. 

Comentarios