Membros de Ve-la Luz comezan esta medianoite unha folga de fame

Membros da asociación galega para a defensa das mulleres vítimas de violencia de xénero Ve-a Luz iniciarán esta medianoite unha folga de fame para reclamar un sistema de protección real para este colectivo.

Un grupo de mulleres iniciarán a folga ás 00:05 horas cun acto simbólico nun local próximo á Audiencia Provincial da Coruña.

O BNG mostrou o seu apoio a esta iniciativa e varios dos seus representantes acudirán a este acto.

Con esta protesta, Ve-a Luz quere denunciar a indefensión deste colectivo e esixir a protección real de mulleres e menores vítimas de violencia de xénero.

Comentarios