Medio Rural mobilizará a 7.000 efectivos para loitar contra os incendios

Ángeles Vázquez apela á "conciencia cidadá" e asegura que os traballadores terán "mellores condicións"
La conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez
photo_camera La conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, apelou este martes á "conciencia cidadá" para "seguir reducindo tanto o número de incendios como número de hectáreas" queimadas na provincia de Ourense, unha das máis castigadas de toda España.

O chamamento de Vázquez ten lugar pouco antes do comezo da campaña na época de alto risco, do 1 de xullo ao 30 de setembro, na que o operativo mobilizará uns 7.000 efectivos para loitar contra os incendios. Así o indicou a conselleira en declaracións a un grupo de xornalistas tras unha reunión con alcaldes da provincia de Ourense na Delegación territorial da Xunta, onde presentou o seu plan para mellorar os camiños municipais.

Os concellos teñen a "obrigación" de vixiar que se manteñan limpos e rozados os terreos, nun perímetro de cincuenta metros cadrados

"Se se fai unha media de número de incendios do ano pasado, diminuíu tanto o número de incendios como número de hectáreas" que arderon, comentou a conselleira, quen indicou a intención de seguir traballando "con antelación" para poder continuar nesta liña. "Somos conscientes de que vimos dun verán moi seco, un inverno moi seco e, polo tanto, toca organizar todo", apuntou Vázquez, quen destacou o amplo operativo que se verá implementado porque os traballadores terán "mellores condicións", coa actualización dos equipos e a incorporación de vehículos e motobombas, aínda que "este ano non houbo que asinar convenio cos concellos para pór en marcha as cuadrillas", dixo.

O convenio asinado o ano pasado por parte do seu departamento cos concellos é prorrogable polo prazo de tres anos. En todo caso, a conselleira apelou á "conciencia cidadá" para que ante calquera indicio de incendio sexa denunciado e apelou á colaboración do resto de administracións para poder atallar os incendios.

Neste sentido, sinalou que os concellos teñen a "obrigación" de vixiar que se manteñan limpos e rozados os terreos, nun perímetro de cincuenta metros cadrados, que estean "á beira de calquera explotación, casa ou núcleo urbano". A Xunta puxo en marcha dun plan para intentar que o monte sexa "produtivo non só con arboleda senón tamén con pastos" e que sirva "de base para frear incendios".

Comentarios