Dan por extinguidos os incendios de Monterrei, Entrimo e Santiago

Os lumes arrasaron un total de 140 hectáreas, sendo o de Monterrei, con 170 hectáreas calcinadas, o máis grave

A Consellería de Medio Rural informou este xoves de que os incendios superiores a 20 hectáreas que estaban controlados en Monterrei e Entrimo, en Ourense, e en Santiago quedaron extinguidos entre a última hora da tarde do mércores e primeira hora da noite do xoves.

Deste xeito, o lume de Monterrei, iniciado o domingo, quedou extinguido sobre as 20 horas do mércores tras queimar 170,32 hectáreas, da que 12 corresponden a superficie arboredo e o resto a monte raso, segundo apunta o departamento autonómico nunha nota.

Ademais, sobre as 22:25 horas deste mércores quedou extinguido o incendio iniciado na noite do martes na parroquia da Illa, en Entrimo, tras queimar 23 hectáreas, das que 9 son de superficie arboredo e o resto de monte raso.

Unhas horas despois, pouco antes da unha da madrugada, tamén quedou extinguido o incendio que comezou a madrugada do mércores en Santiago, na parroquia de Santa Cristina de Data, tras queimar 47,19 hectáreas, da que 40 corresponden a superficie arboredo e o resto a monte raso.

Comentarios