Medio millón para rexenerar a costa galega ante o cambio climático

A ministra Tejerina presenta o plan Pima Adapta, cun orzamento de 9,5 millóns para corenta proxectos en toda España
La ministra de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, presenta el plan Pima Adapta de actuaciones contra el cambio climático
photo_camera La ministra de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, presenta el plan Pima Adapta de actuaciones contra el cambio climático

O litoral galego acapara as maiores partidas en protección e rexeneración costeira, con máis de medio millón de euros, na estratexia de adaptación ao cambio climático, presentada este mércores en Madrid pola ministra de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Isabel García Tejerina.

A estratexia, centrada en protexer a costa do quecemento e restaurar os estragos xa causados, contén 40 proxectos, cuxa dotación económica suma 9,5 millóns de euros.

A Coruña é a provincia galega máis beneficiada, con 240.000 euros, seguida de Pontevedra, con 200.000, e Lugo, con 75.000 euros.

O denominado Pima Adapta, un plan de impulso ao medio ambiente para a adaptación ao cambio climático, é o primeiro paquete de medidas que España dedica a paliar danos en diferentes partes do país e a prepararse ante os que previsiblemente están por vir.

"España é un país moi vulnerable ao cambio climático pola súa condición de península", subliñou García Tejerina, quen asegurou que esta estratexia nace "con vocación de continuidade" e co obxectivo de "minimizar impactos" para que "nada poña en risco o crecemento verde" do país, informa Efe.

O plan conta con 12,1 millóns de euros para 46 accións que empezarán a desenvolverse en abril. Foron seleccionadas tendo en conta "as zonas onde hai estudos que din que hai que actuar" prioritariamente.

No que se refire a Galicia, a actuación con maior orzamento é a protección duns 300 metros lineais de costa na praia de Armona, na Guarda, dotada con 140.000 metros. Na Coruña, a mellor dotada (con 49.453 euros) é a protección de noiros no acceso á praia de Lires (Cee), e en Lugo, a cimentación do dique da praia de Arealonga, en Foz (51.000 euros).

ACTUACIÓNS DE ADAPTACIÓN

GASTO 2015

PROVINCIA DA CORUÑA

Acondicionamento de noiros  da praia do Vilar

26.283,21

Estabilización da praia de Bestaruza

19.630,77

Rexeneración dunar na  praia de Baldaio

3.608,89

Estabilización de noiros no paseo-senda de Caión

6.627,53

Protección e estabilización do noiro no paseo de Malpica

5.106,31

Protección e estabilización de noiros na senda de Cabana

28.621,32

Protección de noiros no acceso á praia de Lires

49.453,95

Protección de noiros na praia do Testal

9.620,61

Protección e estabilización de noiros na praia de Tanxil

21.027,73

Protección do noiro na praia de Arnela

28.693,69

Estabilización de noiros e rexeneracion dunar nas praias de Carragueiros e Ladeira

41.325,99

Total A Coruña

240.000,00

PROVINCIA DE LUGO

Estabilización de canle de auga para evitar a erosión na praia de Portocelo. Xove

6.500,00

Muro de contención de bordo para evitar a erosión do paseo no Torno, San Cibrao (Cervo)

14.500,00

Reforzo da cimentación do dique da praia de Arealonga, Foz

51.000,00

Protección do noiro da Vilavella, Ribadeo

3.000,00

Total Lugo

75.000,00

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Rexeneración da praia de Preguntoiro (Vilagarcía de Arousa)

60.000,00

Protección duns 300 ml de costa na praia de Armona (A Guarda)

140.000,00

Total Pontevedra

200.000,00

Comentarios