Estas son as restricións vixentes en Galicia desde este venres

Tres municipios manteñen o peche perimetral pola súa alta incidencia: Cambados, Laza e Padrón

Estas son as medidas restritivas para facer fronte á pandemia do coronavirus que estarán en vigor en Galicia desde este venres, 14 de maio, segundo decidiu o comité clínico na súa reunión do martes, e logo de recibir o mércores o aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Peches perimetrais

Só peche perimetral dos municipios en nivel máximo de restricións: Cambados, Laza e Padrón.

Toque de queda

Só mantense, a partir das 23 horas, nos municipios que estean nivel máximo de restricións.

Aforamentos

- Reunión de máximo de catro persoas en espazos pechados e de seis persoas en espazos abertos ao aire libre, sexan de uso público ou privado, excepto para as persoas convivientes.

- Prohibición de reunións de non convivientes entre 01:00 e as 6:00 horas, tanto en interior como exterior.

- Municipios en nivel máximo (3): pechada a hostalería.

- Municipios en nivel alto (6): interior pechado, terrazas ao 30 %.(Cangas, A Laracha, Lobios, Oleiros, Ribeira e Vilanova de Arousa).

- Municipios en nivel medio (29): interior ao 30 %, terrazas ao 50 % (Ames, Barbadás, Betanzos, Bueu, Carballeda de Valdeorras, Carral, Cerdedo-Cotobade, Chantada, Cualedro, Cuntis, Fisterra, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Melide, Moaña, Moraña, Noia, Ordes, A Pastoriza, Ponte Caldelas, Salceda de Caselas Santiso, Silleda, Soutomaior, Toén, Tomiño e Valga).

- Municipios en nivel medio baixo (275): interior ao 50 %, terrazas ao 75 %.

- O resto de aforamentos permitidos son, en xeral, de entre o 30 % e o 50 %, en función do nivel de restricións do municipio, cun límite de 250 persoas en locais pechados e de 500 ao aire libre.

- Nas residencias de maiores, os usuarios poden saír, do mesmo xeito que a semana pasada, a pasar uns días coas súas familias e durante as visitas poderase manter contacto físico.

Hostalería e comercio

- Apertura de locais de hostalería ata as 23:00 horas e de restaurantes ata as 01:00 horas (excepto nos municipios con nivel máximo, onde está pechada a hostalería).


Comentarios